|
SAúDO DO ALCALDE
Estimados internautas, sexan benvidos á páxina web do Concello de Pazos de Borbén. É a nosa intención mostrarlles o máis destacable deste acolledor Concello. Aproveitamos estas liñas para invitalos a descubri-la beleza paisaxistica desta terra, sempre coidadosa co seu patrimonio e tradicións, asi como a coñece-la calidade da nosa gastronomía. Tamén queremos facer especial mención ós nosos emigrantes, que teñen aquí unha porta de contacto coas súas xentes e aldeas. Agardando que atopen nestas páxinas aquilo que precisen, aproveito para lles mandar un cordial saúdo, O Alcalde
|
| Concello de Pazos de Borbén: Pazos, nº52 - 36841 Pazos de Borbén (Pontevedra). 986 497 035 . concello@pazosdeborben.org |