| |
O gran número de restos arqueolóxicos atopados nas terras
de Pazos de Borbén, son sen dúbida un dos grandes tesouros
cos que conta este municipio. A pesar de estar pouco estudiada a súa
historia, o asentamento de culturas prehistóricas é moi
evidente, dada a multitude de gravados rupestres e castros atopados na
súa área xeográfica.
Os primeiros xacementos arqueolóxicos atopados dan unha cronoloxía
que vai dende o 3000 ó 1800 antes de Cristo, pero sen dúbida
o marco cronolóxico que máis documentado está é
a Idade de Bronce (1800 ó 600 a. d. C.). Nos séculos III
e IV crese que Pazos de Borbén podería ser unha antiga poboación
romana, coñecida como "Burbida", pero hai desacordo entre
os historiadores.

GRAVADOS RUPESTRES
Atópanse en Pazos de Borbén multitude de gravados rupestres,
importantes sináis de tempos antigos e testemuñas dunha
historia da cal procedemos. Antano, según a visión popular
das xentes, coñecíanse como Pedras das Mouras ou
Pedras das Cruces, considerándose mensaxes dun misterioso
pobo desaparecido. Ver mapa.
De forma moi breve podemos sinalar os seguintes petroglifos ou insculturas:
 |
Na parroquia de Amoedo son numerosos os lugares que teñen
petroglifos de motivos xeométricos. Así temos "A
laxe das cruces dos Carballiños", os petroglifos de
Masusán e os de Alvedosa, entre outros.
|
 |
En Borbén existen gravados rupestres en "Castro
do Coto do Corno" e tamén a coñecida "Pedra
das Teixiñas", que se atopa nas proximidades do
parque-mirador do Santo Aparecido, e que posúe varios grupos
de grabados. O máis significativo e se cadra o que amosa
unha escea de apareamento entre dous cérvidos de gran cornamenta.
|
 |
En Cepeda existen petroglifos de motivos xeométricos
en "Cavada de Santiago", ou en "Valongo".
|
 |
Na parroquia de Ermida tamén existe un pequeno petroglifo
na parte alta do chamado "Coto do Corno".
|
 |
En Moscoso, na "Casa
da Rapadoira", no que se poden observar combinacións
circulares e máis un posible pé humano. Na "Laxe
Escorregadoira" da Lameira e no "Outeiro do Mar"
existen cruciformes e cazoletas, pero poden ser de épocas
históricas.
|
 |
En Nespereira, na parte do Monte Galleiro, no chamado Saramagoso,
existen gravados rupestres e dise que posiblemente foi lugar dun
primitivo asentamento castrexo.
|
|

|
Por último, en Pazos pódense apreciar diversas
cazoletas, ferraduras e pisadas de animáis gravadas nas laxes,
no "Coto Romeo", "Alto de Faipe" e "As
Muras".
|

CULTURA CASTREXA
Pasando a analizar a cultura dos castros, nestas terras pódense
concretar os algúns datos sin embargo o territorio está
moi pouco estudiado.
Existe un poboado fortificado (s. VI ó I a. d. C.) no chamado
Monte do Cristo, na parroquia de Sta. María de Pazos. Atópase
á espera dunha prospección arqueolóxica que permita
a súa verificación.
Por outro lado, os expertos no tema concretan a existencia de varios
topónimos entre Moscoso e Pazos que unha vez excavados poderían
revelar antigos asentamentos ( Monte do Castro, Pedra da moura, As Muras
...) , asi como en Cepeda, nos lugares coñecidos como Coto do Castro
e Cimadella.
Sen dúbida o asentamento castrexo do que máis información
se coñece é o Xacemento do Monte Buxel, na parroquia de
Cepeda.

MONTE BUXEL
O xacemento emprázase sobre unha pequena chan a unha altura de
410m. Cabe supoñer que a parte do xacemento non coñecida
se conserva en boas condicións, xa que non se aprecian alteracions
significativas na zona, aínda que un sector se atopa bastante alterado
por unhas obras de Oleoducto e Gaseoducto, que precisamente permitiron
descubrilo.
No verán do 98 desenrolouse unha actuación en extensión
sobre o conxunto arqueolóxico, excavándose uns 500 metros
cadrados na parte central e uns 50 na área sur. Esta excavación
permitiu rexistrar que se trata dun xacemento correspondente á
idade de Bronce. Os restos máis significativos son unhas grandes
estructuras de almacenaxe de cereal, de planta circular e perfil globular.
A maior parte delas conservan restos dun revestimento interior arciloso
que servía para aislar o gran contido. Tamén apareceu un
tercio de base dun muíño navicular nunha das fosas.
Atopáronse tamén un total de trinta e cinco líticos
e noventa fragmentos de cerámica. O material divídese en
dous grupos: o grupo mayoritario adscribese á Prehistoria Recente
e o segundo grupo (cinco pezas) pertencen a Idade Media.
- COMO CHEGAR
Partindo de Amoedo, tomase unha carretera que vai hacia Cepeda. Chegando
a esta parroquia, no lugar chamado Valongo, hai que tomar a pista que
leva ó emisor de televisión. A uns 600 m. do seu comezo
tómase outra pista que vai paralela ó xacemento e incluso
o corta ó longo de 800 m.
|