Centro antena / biblioteca

Biblioteca Pública Municipal

“Ola, temos boas novas.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello conta cun novo servizo, o seu blog BIBLIOPAZOS, a través do que queremos compartir momentos de lectura, aventuras, actividades, emocións, etc.
Queremos dar a benvida a todos e invitarvos a utilizar este novo recurso tecnolóxico, desexando que serva de canle de comunicación para estar máis preto día a día e poder prestar un servizo público máis eficaz.
Se aínda non eres usuario da Biblioteca invitámoste a participar deste blog e a inscribirte como seguidor do mesmo. Temos moitas cousas para ti.
Ademais podes facerte socio da biblioteca para poder facer uso do Servizo de Préstamo. Para elo ponte en contacto con nos a través do blog, do correo electrónico, do teléfono, ou persoalmente nas nosas instalacións e informarémoste de cómo facelo.

É gratuíto. Anímate!

Visítanos! Estamos no edificio do antigo concello.
Contamos coa vosa participación.

Saúdos.”
Enlace BLOG: http://bibliopazos.blogspot.com.es/

 

 

 

EscudoBandeira

Perfil do contratante

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel