Instalacións

Pazos de Borbén conta coas infraestructuras e servicios necesarios para vivir cómodamente. Existen traidas de auga e servicio de alcantarillado, en fase de construcción nas parroquias de Moscoso, Amoedo, Nespereira e noutras parroquias.
Por outro lado, os accesos ás vivendas atopanse perfectamente pavimentados. Ademáis os veciños do Municipio contan co servicio de recollida selectiva de lixo e de alumeado público en tódolos núcleos de poboación.
Nas dependencias da Casa do Concello atópanse a Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX), Oficina de Servizos Sociais, Alcaldía, Oficina Técnica, Oficios Xerais, Tesourería, Rexistro, Estadística, Secretaría-Intervención, Xulgado de Paz, Salón de Actos, Biblioteca, Oficina de Orientación de Emprego e Desenvolvemento Local, Punto de Información a Muller (PIM), recollida de chatarra, etc.

 
Pavillón Polideportivo

Atópase en Pazos e conta cun aforo de cincocentas persoas. No pavillón realizanse diversos campeonatos de fútbol-sala, nel adestran algunhas asociacións deportivas.

 
Pistas polideportivas ó aire libre

Podemos atopar nas parroquias de Nespereira, Amoedo, Moscoso e Borbén.

 
Centro Social de Amoedo

Esta instalación está sendo utilizada pola Asociación Social e Cultural do Pensionista do Concello de Pazos de Borbén, contando con unha cafetería, sala de gimnasia, sala polivalente para reunións, cursos,etc,.
Horario: de 16:00 a 23:00 todos os días agás os martes.

 
Piscinas municipais

Situadas en Nespereira e Moscoso

 
Biblioteca Pública Municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén, abriu ao público no ano 1994, e dende o ano 2010 está recolocada no antigo edificio da Casa do Concello sito en Pazos nº 1, que foi rehabilitado en 2005.

 

Ler máis...
 
Centro de Discapacitados

Nome: ASPAVI
Teléfono: 986 48 40 35

 
Máis artigos...
«InicioAnterior12SeguinteFinal»

Páxina 1 de 2
 

EscudoBandeira

Perfil do contratante

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel