Parroquias


En Galicia, as parroquias son, na práctica, o eixo en torno ó cal xiran os aspectos máis importantes da vida pública dos veciños. Aínda que teñan unha orixe relixiosa, hoxe en día a súa entidade é aproveitada pola administración civil para facilitar o goberno local. O concello de Pazos de Borbén divídese en oito parroquias.

 

 

AMOEDO (SAN SADURNIÑO)
Situada na parte NO do Concello, linda cos municipios de Redondela e Soutomaior. Amoedo distribúese en catro barrios: Masusán, Carballiño, O Cabalo e A Igrexa. A súa poboación ronda os 528 habitantes.

Esta parroquia caracterízase por ser a zona máis industrializada do concello, ó contar co único parque industrial de Pazos de Borbén.

Ler máis...
 

CEPEDA (SAN PEDRO)
Cepeda distribúese en tres barrios: Alén, O Campiño e
A Presa. Conta con 210 habitantes.

É a parroquia máis pequena, en canto a vivendas, a maioría de recente construcción, medrando polo tanto a aldea nos últimos anos.

O igual que Nespereira, atópase moi próxima ós núcleos de poboación de Redondela.

Ler máis...
 

MOSCOSO (SAN PAIO)

Atópase na parte NE do Municipio. Linda con Fornelos de Montes e Soutomaior, entre as parroquias de Ermida, Pazos, Calvos e Traspielas, as dúas últimas pertencentes ó concello de Fornelos de Montes. Conta con 470 habitantes.

Divídese en tres barrios, As Lombas, Gorgoreiro e A Fraga do Rei. Xusto no centro do pobo atópanse a Igrexa de San Paio, o Centro Cultural e Recreativo e a antiga Casa da Sociedade, onde antano se celebraban seráns cada semana.

Ler máis...
 

PAZOS (SANTA MARÍA)

É a capital do Concello. Atópase na parte central deste, rodeado polas restantes parroquias, e dividido en dous barrios, Pazos e Muras, este útimo encadrado no val do río Borbén. Conta con 347 habitantes.

En Pazos atopanse o Colexio Público Curros Enriquez, o centro médico e a nova Casa do Concello, construída no ano 2001. Tamén podemos atopar aquí o Pavillón Municipal de Deportes.

Ler máis...
 

BORBÉN ( SANTIAGO)
Situase na parte S-SE do concello, limitando cos municipios de Ponteareas e Mondaríz. Conta con 562 habitantes.

A parroquia de Borbén atópase encadrada nun bonito val . O río Borbén, que desemboca no Miño, dividea en duas partes. Nunha delas están os barrios de Cuartos de Borbén e Mosteiro, e na outra os de Pousiño e Sequeiros.

Ler máis...
 

ERMIDA (NOSA SEÑORA DA ANUNCIACIÓN)
Atópase na parte Norte do concello limitando co municipio de Soutomaior, e encadrada entre as parroquias de Moscoso, Pazos e Amoedo. Conta con 119 habitantes.

Ermida é unha acolledora aldea situada na ladeira do monte denominado Coto do Corno. Foi antano un barrio de Sta. María de Pazos, segrigada deste no s. XIX.

Ler máis...
 

NESPEREIRA (SAN MARTIÑO)
Limita cos concelos de Mos e Redondela, sendo a parroquia máis próxima a ésta. Ocupa a parte Este de Pazos de Borbén. Conta con 784 habitantes.

Os seus lugares son Alvite, Areeiro, Barcenal, O Galleiro, Outeiro, Torrente, Valado e Zoce.

Ler máis...
 

XUNQUEIRAS (SAN SALVADOR)

Ocupa a parte Este do Concello. Encadrada entre as parroquias de Moscoso, Borbén, Traspielas (Fornelos de Montes) e Festín (Mondaríz), Xunqueiras distribúese nos lugares de Casqueiros, Cabo da Raña, A Chan e Eidos de Riba.

Xunqueiras é unha fermosa aldea situada nunha grande chan, que se caracteriza pola tranquilidade e o contacto coa natrureza dos que gozan os seus habitantes.

Ler máis...
 


 

EscudoBandeira

Perfil do contratante

Cartel
Cartel
Cartel
Cartel